Compra e venda de madeira en Lugo

Vale máis unha terra con árbores nos montes, que un estado con ouro nos bancos”.

(Alfonso Daniel Rodríguez Castelao)

BENVID@ A TORRES FORESTAL. COÑÉCENOS!

Quen somos

Somos unha empresa familiar que comezou a súa andadura en 2.001, por iniciativa de José Fernández Fernández e Mari Carmen López López. Sen embargo, as súas orixes remóntanse ós anos 50, cando Casimiro Fernández Martínez, “Torres”, opta polo comercio de madeira como xeito de vida. Torres Forestal é, polo tanto, ademais dun proxecto empresarial, o proxecto vital de tres xeracións dunha familia.

O camiño percorrido dende os comezos ata o presente foi trazado, sobre todo, polos cambios, moitos e moi profundos, que tiveron lugar tanto nos montes como na empresa. Mantense intacto, sen embargo, o amor pola madeira e polas árboles que a producen, o que se traduce na práctica nunha actuación no monte sempre respectuosa con este e co papel ecolóxico que desenvolve, máis aló da producción de madeira.

Formulario de contacto