Torres Forestales S.L.

Quenes somos

Torres Forestales S.L. é unha empresa familiar que nace no ano 2001 por iniciativa de José Fernández Fernández e Mari Carmen López López. Non obstante, as orixes da empresa remóntanse ós anos 50, cando Casimiro Fernández Martínez, “Torres”, opta pola compra-venda de madeira como xeito de vida.

Dende aqueles anos de extraer a madeira “a pulso” dos montes e transportala a través do río ata hoxe foron moitos e moi profundos os cambios que tiveron lugar, tanto nos montes como no seu aproveitamento. Sen embargo, non variou senón que se mantivo intacto a través das tres xeracións que compoñen a historia de Torres Forestales S.L. ata o día de hoxe, o amor pola madeira e polas árbores que a producen, o que se traduce na práctica nunha actuación no monte sempre respectuosa con este e co papel ecolóxico que desempeña, máis aló da producción de madeira.
Torres Forestales S.L.