Servizos forestais en Lugo

En Torres Forestal estamos dedicados a mover a madeira á fábrica que nos indica. Chama connosco!

Servizos forestales

En Torres Forestal adicámonos á compravenda de madeira de diversas especies, cubrindo todas as fases do aproveitamento forestal. Traballamos cun amplio rango de especies forestais, que inclúen todo tipo de eucaliptos e piñeiros, así como abetos e frondosas de crecemento lento. 

Servizos forestais en Lugo

Medición e taxación


Na nosa empresa ocupámonos da medición e valoración das masas forestais, para o cal dispoñemos de varias aplicación que permiten levar a cabo dende a recollida dixital de datos en campo ata a análise dos costes de aproveitamento. O resultado é a elaboración dunha oferta adaptada á cantidade e calidade da madeira existente na finca, así como ás súas particulares condicionantes físicas e de aproveitamento.

Torres Forestal

Aproveitamento forestal e loxística

En Torres Forestal dispoñemos dun parque de maquinaria propio que abarca todas as fases do aproveitamento forestal, dende a corta ata o transporte a fábrica, ademais de establecer acordos con outras empresas para levar a cabo de forma rápida e eficiente a nosa actividade, sempre atendendo as prescricións legais vixentes, así como ás esixencias da propiedade.

Torres Forestal

Certificación forestal


A xestión sostible das masas forestais convírtese nun valor engadido a través da súa certificación conforme a diversos estándares recoñecidos internacionalmente. En Torres Forestal encargámonos da tramitación da solicitude de dita certificación según os estándares dictados polo Programme for the Endorsement of Forest Certification (PEFC) e polo Forest Stewardship Council (FSC).